O informe de xestión de G. Caballero recibe 158 apoios, o 32% dos delegados no XIV Congreso do PSdeG

Caballero volve pedir integración a Formoso, que di que "todas as sensibilidades" do PSdeG terán representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2021 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O informe de xestión do secretario xeral saínte, Gonzalo Caballero, recibiu un total de 158 apoios no XIV Congreso Nacional do PSdeG, no que hai un total de 491 delegados con dereito a voto.

Segundo estes datos, o documento do que foi secretario xeral do PSdeG durante os últimos catro anos só recibe o 32,2% dos apoios dos socialistas con dereito a voto nesta cita.

Con todo, fontes próximas a Gonzalo Caballero elevan esta porcentaxe ao 54% dos presentes ao sinalar que, no momento da votación, só había uns 300 delegados. O XIV Congreso Nacional que os socialistas galegos celebran en Santiago de Compostela está presidido polo alcalde de Bugallo, Xosé Sánchez Bugallo.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa. PSDEG

INTEGRACIÓN

Por outra banda, Gonzalo Caballero volveu a pedir "integración" ao secretario xeral electo, Valentín González Formoso, quen asegurou que "todas as sensibilidades" do partido terán "representación".

"Desde logo, eu vou contribuír coa mellor vontade a que este partido siga sendo unha referencia, que siga avanzado como o fixo o últimos catro anos, que o siga facendo á beira do novo secretario xeral e con todos os órganos do partido representando a pluralidade, ao conxunto da organización", manifestou.

Gonzlao Caballero insistiu en que ofreceu ao novo secretario xeral "toda a vontade de traballar", con "lealdade". "E a verdade é que estou a esperar a que cando consideren a ben podamos abordar ese reto porque houbo un 40% da militancia que votou por un proxecto", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta