Temas: TEMPORAL

Alerta laranxa por temporal en toda a costa galega

Comezará na noite deste martes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para todo o litoral galego unha alerta laranxa por temporal costeiro, que comezará na noite deste martes e que se estenderá á xornada do mércores.

Forte ondada na zona da Torre de Hércules, a 27 de novembro de 2021 na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Forte ondada na zona da Torre de Hércules, a 27 de novembro de 2021 na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo informa a Vicepresidencia Primeira do Goberno autonómico, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé para todo o litoral galego mar combinado do noroeste con ondas de cinco a sete metros.

Ademais, para as costas do noroeste da Coruña e Lugo, as ondas poderán ser de seis a oito metros xunto a fortes ventos de compoñente oeste a noroeste.

En canto á xornada do mércores, desde a mañá haberá tamén unha alerta amarela por nevadas nas zonas de montaña de Lugo --acumulacións de 10 centímetros en 24 horas a partir de 700 metros de altitude-- e de Ourense --5 centímetros a partir de 800 metros--.

Neste contexto, a Xunta, a través do 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos afectados, as deputacións, os servizos provinciais, as agrupacións de Protección Civil e os clubs náuticos, entre outros.

Así, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda aos cidadáns manterse afastados da liña de costa, que extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Temas: TEMPORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta