Ampliado ata o 8 de xaneiro o punto de PCR sen cita no aparcadoiro do Hospital Provincial de Pontevedra

Mantense en horario de tardes de 15,30 a 18,00 e de 18,30 a 20,30 horas.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 07/12/2021 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ampliará ata o próximo 8 de xaneiro de 2022 o seu espazo de realización de PCR sen cita no aparcadoiro exterior do Hospital Provincial de Pontevedra, en horario de tardes de 15,30 a 18,00 e de 18,30 a 20,30 horas.

Cribado en Poio (Pontevedra)
Cribado en Poio (Pontevedra) | Fonte: Sergas.

Segundo informa a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, acoden diariamente a este punto de cribado unha media de entre 450 e 500 persoas, das cales aproximadamente 30 resultan positivas. Ademais, o Sergas destaca que se achegan "numerosas persoas" que son contactos de pacientes contaxiados.

Trátase dun espazo ao que pode acudir calquera persoa, sen cita previa, sempre que non presente síntomas compatibles coa covid-19 nin teña un resultado positivo nun test de antíxenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta