Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 18:45
A nova entrada do Álbum de Galicia, do Consello da Cultura Galega, incorpora a Casto Sampedro Folgar, primeiro director e fundador en 1927 do Museo de Pontevedra e protagonista dunha dilatada traxectoria intelectual e cultural.
Segundo lembra esta entidade, Sampedro Folgar foi arquitecto e fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, un investigador interesado nas tradicións costumes e traballos das xentes do mar e un coleccionista de cantos, tocadas, bailes e instrumentos populares, con especial interese pola zanfona.
O Consello da Cultura lembra a súa pericia na transcrición da oralidade musical, chegando a establecer unha rede dun cento de colaboradores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.