Concentracións nos hospitais de Galicia: "o Sergas non pode pretender que traballemos gratis"

A CIG convoca mobilizacións en todas as áreas sanitarias para demandar ao Sergas que poña fin á saturación da Atención Primaria: "en que gastan o diñeiro público e os fondos covid?".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/12/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os sanitarios galegos mobilízanse contra a xestión do Sergas e as obrigacións da Consellería de Sanidade a que o persoal do Servizo traballe "gratis". A CIG vén de convocar concentracións en todas as áreas sanitarias de Galicia para denunciar unha problemática xa tratada polo Galicia Confidencial, e que garda relación coa instauración de quendas continuadas por parte da Consellería como forma de facer fronte a unha escaseza de persoal recoñecida pola propia Xunta de Galicia.

Protesta de traballadores da limpeza no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, por falta de persoal.. CIG
Protesta de traballadores da limpeza no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, por falta de persoal.. CIG

De aí que a CIG "se pregunte" en que "gasta a Xunta o diñeiro público e os fondos covid". Dende o sindicato aseguran que a situación da atención primaria é "insostible" nestes momentos pola "falta de persoal", que a formación vencella en particular aos médicos e enfermeiros e que ve unha consecuencia "das políticas de persoal que aniquilaron estes postos de traballo", apuntando directamente á Xunta.

E é que, segundo o CIG, o problema iría máis alá destes grupos profesionais. Neste aspecto, a formación apunta á existencia doutras categorías sanitarias, como odontoloxía e fisioterapia, nas que "hai suficientes profesionais nas listas de contratacións, mais o SERGAS négase a contratalas". O resultado é que, como xa recolleu o GC, a Consellería de Sanidade estaría a "obrigar" a traballar ao persoal xa dispoñible con incrementos de xornada de dubidosa planificación e no que non se contempla pagar os pluses que dende o sindicato ven preciso. 

"O SERGAS non pode pretender que o persoal traballe gratis", afirman dende o sindicato, que insta á Consellería a recoñecer a penosidade para todos os profesionais que presten quendas de noite, en domingos ou festivos. Á parte, apunta á necesidade de eliminar as longas listaxes de espera e afea as "excusas" diversas de Sanidade a este respecto. 

CONCENTRACIÓN NO BARBANZA

Ás concentracións apuntadas pola CIG súmaselle a anunciada pola Plataforma en defensa da sanidade pública da comarca da Barbanza, que este mesmo día 9 denunciará a situación do servizo de cirurxía do hospital cunha recollida de reclamacións desenvolta ante a porta do hospital do Barbanza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta