A produción industrial galega descende un 0,8% en outubro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial (IPI) descendeu un 0,8% en outubro en Galicia en relación ao mesmo mes de 2020, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este retroceso é inferior á caída media do 3,3% que se produce en España. Castela e León padece a maior diminución (-15,8%), mentres Baleares lidera o incremento (+22,5%).

Deste xeito, Galicia acumula dous meses consecutivos de baixada interanual, setembro (-4,8%) e outubro (-0,8%). Con todo, na media do que vai de ano --entre xaneiro e outubro-- hai un incremento do 10,2% na produción industrial galega, maior que a media española, que é do 7,6%.

No Estado, coa caída interanual de outubro, a produción industrial pon fin a sete meses consecutivos de taxas positivas. Por sectores, os maiores recortes da produción foron paras bens de equipo (-11,7%) e bens intermedios (-3,5%), seguidos dos bens de consumo duradeiro (-2,1%). Só incrementaron a súa produción en outubro os bens de consumo non duradeiro (+2,5%) e a enerxía (+0,4).

Indice de Produción Industrial en Galicia. EPDATA
Indice de Produción Industrial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta