Pontón, a Feijóo: "Deixe de buscar culpables por ser incapaz de dar solucións aos galegos"

O presidente da Xunta acusa á lider nacionalista de "amedrentar" aos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "deixe de buscar culpables" por "ser incapaz de dar solucións aos galegos" ao que o presidente respondeulle reprochando que o Bloque tratase de "amedrentar" aos galegos.

Na sesión de control da Cámara galega, a dirixente nacionalista leu varios titulares de prensa: "Feijóo acusa..., Feijóo acusa..., Feijóo acusa... porque a iso se reduce a súa acción de goberno, a buscar culpables porque é incapaz de buscar solucións", sinalou Pontón.

Así mesmo, a portavoz nacional do Bloque reprochou ao presidente que trate de ser "o campión de todo". "Hai 14.000 empregos perdidos na industria, máis de 17.000 no agro e a pesca, 200.000 mozos que tiveron que coller as maletas" e "dinos que grazas a el todo vai vento en popa". "Pois non, señor Feijóo. Deixe de pisar moqueta e pise a realidade dos galegos", reclamoulle.

Na súa réplica, Feijóo lembroulle a Pontón que "se esqueceu dun titular". "Feijóo consegue que o BNG non goberne en Galicia desde o ano 2009", respondeulle o presidente, que asegurou descoñecer a "utilidade" da pregunta formulada este venres pola líder do Bloque.

Tras iso, sinaloulle que o seu Executivo se dedica a "xestionar a pandemia, a xestionar a recuperación económica, a mellorar os servizos públicos e a defender a Galicia fronte a todos, incluído o BNG". "Porque na xestión da pandemia nunca tivemos ningún apoio do BNG, só críticas destrutivas, mesmo máis", sostivo.

Neste sentido, acusou aos nacionalistas de "amedrentar a todos os galegos por pór as eleccións no mes de xullo de 2020". "Meterlle medo a todos os galegos dicindo que iamos a unha carnicería, faltando ao respecto e mentindo a todos os galegos porque non lle interesaba simplemente que tivésemos as eleccións autonómicas no momento de menor onda pandémica do ano 2020", apuntou. "Un partido que se di soberanista, un partido independentista, chámelle como queira, avergóñalle ata o que son", dixo para pedirlle que "poñan en valor a Galicia e aos seus datos da pandemia".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta