Piden un ano de cárcere para un traballador de Ence por dar patadas ao coche do alcalde de Pontevedra

Fiscalía tamén solicita unha multa de 1.400 euros por atentado contra a autoridade.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 10/12/2021 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Fiscalía solicita unha condena dun ano de cárcere e unha multa de 1.400 euros por atentado contra a autoridade para Ramiro Cedeira, traballador da fábrica de Ence en Lourizán, polos altercados ocorridos o pasado mes de marzo durante un peche do persoal no Concello de Pontevedra.

Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra
Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Tras o peche, os empregados da pasteira realizaron un escrache polas rúas da cidade no que se deron varias paradas ao coche do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; feitos polos que Ramiro Cedeira se enfronta ás penas reclamadas polo Ministerio Público.

Comisións Obreiras confirmou que asumirá a defensa deste traballador nos xulgados, xa que pertence a este sindicato, do mesmo xeito que a decena de compañeiros que participaron naqueles actos de protesta, aínda que estes non serán xulgados.

O secretario de organización comarcal de Comisións, José Luís García Pedrosa, asegurou que "o único" que fixo Ramiro Cedeira foi defender o seu posto de traballo nunha mobilización na que, di, "non houbo ningunha actuación delituosa", tan só "cánticos" contra o alcalde e tamén patadas ao seu coche cando abandonou o aparcadoiro.

Pedrosa lamentou que o Concello de Pontevedra "queira presentar aos traballadores de Ence como violentos" e anunciou unha campaña informativa para denunciar o caso.

"Non fixen nada nin maltratei a ninguén", aseverou este venres o propio Cedeira, que lamentou que lle traten como un "delincuente" cando, indicou, o coche do rexedor non sufriu ningún dano durante os incidentes.

Tamén apuntou que o delito de atentado contra a autoridade non se lle pode aplicar só a el cando se trata dunha protesta colectiva.

Así as cousas, Comisións Obreiras acusa o goberno local que encabeza o nacionalista Fernández Lores de levar a cabo unha campaña de "represión laboral" contra os traballadores de Ence, cuxa situación de inseguridade xurídicas é, segundo o sidicato, responsabilidade do executivo pontevedrés.

A presidenta do comité de empresas de oficinas centrais da fábrica de Ence, Ana Cedeira, situouse tamén a favor do traballador e declarou que esta denuncia "demostra a calidade humana do alcalde, que é o único culpable desta situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta