Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

22 contratraidor vello

O "vieiras representa o retraso neste pais, estes señores son proxectos precapitalistas do agro galego, pero que poden esperar os gadeiros do leite, os campesiños da limia que manexan empresas industriais e comerciais que pode esperan os cooperativistas de por expemplo coren, que poden esperar os viticultores, que poden esperar os pescadores, etc, dunha señora que cree que o agro e sementar catro patacas e ter un cordeiro, IUs farsantes! ldya siryza ten moitas eivas (soamente obtivo o 37 por cento do respaldo na anova) podra cobrar milleiros de euros MILLEIROS e non mil como prometeron os deputados do AGE e temos moitos exemplos o sera outra señora CARMEN LA ROJA e outras barbaridades do grupo AGE. o "vieirismo traidor pretende con esta señora destruir o lado mais feble do nacionalismo galego, pretende destruir no rural o voto de CxG!!!!!

21 Supertamarici

Veña que van todos a europa os cartos, deixan que protesten de ves en cando pra que desafoguedes, despois dende a europa/madrid foden todo canto poden as posibilidades de futuro da nosa terra, pero con catro moedas chegha pra enfrentar uns a outros e lograr anulación total de futuro. (e diran que van facer unha europa dos povos sin sermos ainda nos povo)

20 Estades despedidos

Vaia ZAS en toda la boca acaban de levar os upegallos provacunas. Un tremendo triunfo do movemento antivacunas

19 pinchorla

Agora mesmo Beiras é no nacionalismo como Paco Vázquez no socialismo.Si se tardou en chegar á Xunta o foi pola dereitización e antigaleguismo socialista.No nacionalismo o é pola subordinación a unha opción política española e tamén antigaleguista.Antes Madrid que Galiza,o tempo o dirá.

1 eusi

Que cansinos estes trolls. E se o nacionalismo galego estivo a punto da desaparión foi pola nefasta visión dun secto do BNG miope de nacimento, que usaba aos grupos do partido como meras marionetas para os seus intereses. Por non falar da nefasta política de votación no Parlamento: votar a favor de leis do PP e despois chorar dicindo que fostes enganados dio todo da madurez mental e política dos seus membros. Os votantes dixeron non a esa seita e agora están ao bordo da desparición. BNG=RIP

2 María soziña

Cansino os teus amigos das películas de posguerra con manchegos vestidos de rondeños. Procura una palabra galega queridiño.

18 pinchorla

Bueno está ben, polo menos é unha muller traballadora e non outra opción, "con títalo" universitario.Dito oanterior que non me veñan con monicrocadas como o de radicalidade democrática.Saeu elexida xa que o dedo do Santa Santorun foi o que indicou que ela é a que levará a Galiza á terra prometida,con permiso naturalmente de IU. Parabéns por tanta horizontalidade dende o cúmio do Monte Pindo. P.D.Eu si fora Lidia non aceptaría o posto,precisamente pola horizontalidade e radicalismo democrático.Cada Pao que terme da súa vela.