Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

17 Uninciso

Por fin a esquerda nacionalista de este país, terá unha muller de Eurodeputada no Parlamento Galego, desde o primeiro momento da constitución do mesmo. Bravo Lidia exemplo de loita, dignidade e coherencia política e persoal.

1 Medulius

Galiza xa ten unha deputada, Ana Miranda, no parlamento europeu, exemplo de traballo e compromiso co país. Ignorar ou minusvalorar este feito é ruin e sectario. Lidia Senra, unha magnífica candidata, non precisa destas louvanzas.

2 Uninciso

Se non te lanzases a despotricar antes le ler ben o comentario non meterías a pata: Ana Miranda non vai ser elixida no próximo parlamento, eu non a menosprecei, e será eurodeputada polo tempo que Bildu lle conceda

3 rassing

Ana Miranda será deputada, se o é, polo que decidan os galegos residentes na Galiza. Polo que teño visto, a proporcionalidade de tempo no cargo seria proporcional ao número de votos no territorio de cada unha das organizacións.

4 Uninciso

E os despedidos o merecían por suposto que eran medio upegallos polo menos.

5 galeguista de direitas

Umha pergunta. Lidia Senra vai atuar por livre ou vai fazer o que lhe mandem e votar o que lhe digam os seus companheiros de Izquierda Unionista ?

16 Frouma

Quedaremos perto de ser segunda forza nas europeas. E os que teñan morriña do Bloque, que marchen dunha pvta vez, e que vaian sentar co Paco Rodríguez nun atardecer vendo como minguan os votos.

1 non a guerra do golfo

Nese fermoso atardecer con Paco, non estarían demais os fruncidos mariano abalo e fpegallos, ese sí sería un fermoso atardecer

15 zugadores identificados

Decadas servindo a Upg. Despois desfixeron o romance, o control do chiringuito do SLG era o motivo. Agora vai servir ao Pce, seica lle pagan mellor. Triste pais de servos. Tristes amos que van de comunistas galelistos da Upg ou españolistos do Pce. Rapaces, que non vos enganen: non son fraternais e igualitarios comunistas, son raposos aproveitados disfrazados de esquerda. Iguais que os trincadores do Ppsoe, só que máis farsantes para aproveitarse dos desfavorecidos no discurso e logo facer política de chiringuito, coller regalos das empresas e que os intereses da dereita sigan a salvo. Outra esquerda é precisa!

1 eusi

As tuas palabras son, a parte de noxentas, revelan un profundo desconhecemento dunha traballadora incansável polo agro galego durante décadas. O que vos amolan aos zugadores anónimos é que o voso currículo non pasa de estar nunha listas que ninguen vota.

14 Un vello galeguista

Lidia senra non será unha xoia en bruto, pero acusala dende o nacionalismo galego de non edefnder os intereses do agro e dos menos favorecidos, cando o nacionalismo leva decads traizoándose asi mesmo, cando levan practicado un cainismo auténtico de tirarsea iugular dos seus irmáns políticos, resulta patético por parte de quen acusa a Lidia senra de antigalega. Se as novas fornadas de mozos/as galegos/as non toman o relevo dentro de 15/20 anos xa non teremos que falar destas cousas; estaremos, politicamente, desaparecidos.

1 pinchorla

Ninguén lle pode quitar mérito a Lidia Senra,formada dende o nacionalismo de esquerda e por qué non dicilo, dende a UPG.Outra cousa é que vaia nunha opción española,e nomeada a dedo previamente por quen se sinteu só e desamparado.Ao pan pan e ao viño viño.En todo caso creo que non vai acabar eiquí a novela, seguirémola lendo en máis capítulos,penosos capítulos,para a Nación Galega.

13 antibirrias

Tendo en conta a elevada abstención, os postos da columna noroeste na lista de Izquierda Unida ao PP de Estremadura deberian ir en branco. Os anovos apenas superan os 300 afiliados, entre cargos, carguiños, tránsfugas e académicos de Audi e fillas enchufadas.