Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

12 uncalquera

Dades auténtico n.o.x.o e vergonha allea... eu volverei votar ao BNG só por Ana Miranda, que fixo un traballo moi bo. Mais vendo os comentarios que facedes, é normal obter os resultados que colleita o nacionalismo galego, botar m.erd.a uns enriba doutros (BNG-CxG-ANova-NósUP...) en vez de centrarse cada un no seu e conseguir o maior número de votos, non, preferides leas entre nós, que cos auténticos inimigos: PP-PSOE.

1 eusi

Está visto que non les os comentarios dos trolls uPPegallos, dia tras dia, repetindo sempre as mesmas mentiras, sen mirar ás asneiras, cambadelas e erros garrafais do pasado da uPPga. É triste e ides desaparecer do mapa en breve, é o que buscastes. BNG=RIP

2 uncalquera

O que non leu ben, fuches ti. Eu votei ANova nas autonómicas e votarei ANova nas seguintes, mais nestas, considero que o traballo feito por Ana Miranda foi boísimo, ademais de ser umha persoa aberta ao diálogo. Refírome aos comentarios en xeral, botando m.e.rd.a os uns enriba dos outros (BNG->AN/AN->BNG). Sobre todo os do BNG sobre AN... somos un país lamentábel.

3 galeguista de direitas

Desculpa, mas nom metas a CxG nestas leas. Nós jogamos no campo do centro, nada de extrema esquerda. Isso deixamovo-lo à UPG e os de Izquierda Unionista-Anova (secçom Beiras-Noriega)

4 Ano-Fachas

Non te esforces, a metade destes supostos integristas fanáticos que hay nesta páxina contra o BNG din que son de ANOVA pero seguramente están a soldo do PP. Calquera pode deixar múltiples comentarios nesta páxina aínda sendo multinick. Se non queres aguantalos lee outra web que estes traballan aquí e hasta que decidan poñerlles couto seguirán na mesma porque o seu interese é o PP. ¿Senon porqué habería de importarlles tanto o BNG?

11 85%?

419 votos para Lidia Senra non é o 85% dos 684 votos adxudicados a candidatos/as.

10 undevijo

A militancia decidiu.Parabéns!!

1 Nabor

A militancia abstívose... moi triste todo isto

9 reginodelapena

Hoxe é un dia triste para Galiza,unha traidora mais vai "defender" os intereses desta terra.Ista é a historia do noso pobo,votar a quen mais o prexudica.Agora ben sonche moi pacificos o leais a España.

1 León

Pero que chorradas chegades a botar fóra...

8 Un da Murada.

Que pena me da toda esta situación, que Beiras, nos seus últimos anos de vida, na sua derradeira etapa, deixe esta herdanza, os seus netiños, en verdade, Xosé Manuel xamáis fixo nada por GALICIA, soio faltar ó respeto no PARLAMENTO OS GALEGOS, onde está depositada a SOBERANÍA POPULAR A TRAVÉS DO VOTO, NAS URNAS. AGORA TERÁ QUE PEDIR PERMISO A MADRID, COMO CALQUERA OUTRO PARTIDO PRA TODO. POBRE HOMIÑO.

1 Lenguda

Exemplo de troll do PP comentando. Sé menos obvio, machiño.