A Deputación de Pontevedra destina 1,7 millóns para dúas actuacións na capital provincial

O groso da partida, 1'4 millóns de euros, irá destinado á rehabilitación do interior da Casa Consistorial para o seu uso institucional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres dous convenios enmarcados no protocolo de colaboración co Concello de Pontevedra que suporán a mobilización de máis de 1,7 millóns de euros para acondicionar unha pacela sobre a vía férrea na rúa 12 de Novembro e para a rehabilitación interior da antiga casa consistorial.

No primeiro dos convenios a Deputación financiará con medio millón de euros o proxecto para abrir ao público e dotar dun novo parque a parcela de 5.500 metros cadrados existente na pasarela de José Adrio Barreiro, entre as rúas da Estrada e As Hortas (nas proximidades de Santa Teresa de Jesús Jornet).

A deputación asume ao 100% o financiamento desta actuación, que corresponde sacar a concurso ao goberno local que encabeza o rexedor Miguel Anxo Fernández Lores, previo paso de recibir o visto e prace da Adif, autorización que xa foi solicitada.

Esta actuación permitirá darlle continuidade á área recreativa existente na rúa José Adrio Barreiro, que dotará á á zona este da cidade dun espazo verde conectado co do parque Amalia Álvarez.

REHABILITACIÓN CASA CONSISTORIAL

Ademais, a deputación tamén deu luz verde ao convenio para a rehabilitación interior e mellora da accesibilidade da antiga Casa consistorial, unha actuación valorada en preto de 1,4 millóns de euros dos que a institución provicincial achega o 90% (1.225.000 euros) e o concello asume o 10% restante.

As obras do interior centraranse a primeira planta do edificio, datado de 1879 para destinalo a usos institucionais. Os traballos tamén solucionarán o problema de accesibilidade coa instalación dun ascensor e unha entrada adaptada desde a parte traseira.

Neste caso, o concello xa aprobou o inicio do proceso de contratación para a renovación e reforma da Casa Consistorial da Praza de España. Trátase dun dos proxectos que máis "ilusión" xera dentro do Goberno municipal a causa do que supón a recuperación dun equipamento destas características e do simbolismo que ten para coa cidade.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta