The Allnight Workers, "supergrupo de rhythm and blues salvaxe", pon o ramo ao Outono Códax

Este sábado, unha charla arredor das músicas e á cultura da cidade de Nova Orleans e o concerto de The Allnight Workers poñen o ramo á edición deste ano do festival de música negra máis importante de Galicia.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 11/12/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Esta mañá, ás 11.30 h, tivo lugar a charla arredor das músicas e a cultura da cidade de Lusiana baixo o título de "Walking to New Orleans". Foi no Club Riquela e participaron os músicos Aurora Nealand e Carlos Childe, o xornalista Jacobo Rivero e o escritor e músico Tom Sancton. A charla estará moderada polo crítico musical do diario El País Fernando Navarro.

The Allnight Workers, un dos participantes no Outono Códax Festival
The Allnight Workers, un dos participantes no Outono Códax Festival

No transcurso desta xuntanza presentouse tamén o libro de Jacobo Rivero "Bulbancha. Música, calle y resistencias desde Nueva Orleans", no que, a través de catorce historias en formato «documental» e de múltiples conversacións con persoas ligadas á cidade, ofrécese un retrato de Nova Orleans como espazo de cooperación colectiva e exemplo de rebeldía política e artística. Unha obra apoloxética na que se defende a música como ferramenta de resistencia, a construción de comunidades sólidas e a forza contestataria da creatividade individual e colectiva.

CONCERTO FINAL E SESIÓN DJ

Tamén na sala Riquela terá lugar o último encontro coa música no Outono Códax deste 2021. Aparece en escena o grupo The Allnight Workers, formación que no seu día foron definidos como un “supergrupo de rhythm and blues salvaxe aderezado con jump blues e swing”. Pero cando estaban en plena fase de expansión grazas ao seu segundo disco decidiron disolverse. As entradas están esgotadas xa dende días atrás.

Bastantes anos despois, dez concretamente dende a súa disolución, o Outono Códax 2021 será o escenario da súa reunión.

Se queredes saber máis da banda hai información na web do Outono Códax Festival.

Tralo concerto de The Allnight Workers, no Riquela a partir das 23.30h, haberá unha pinchada de Carlangas Dj (Novedades Carminha).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta