A Xunta di que "está vendo" se poñen puntos de test Covid nos aeroportos galegos

Comesaña apunta o "problema" de "a mobilidade" na pandemia, polo que defende "calquera elemento que axude a que sexa segura".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade estuda "volver recuperar" os puntos para a realización test Covid-19 a pasaxeiros nos aeroportos galegos, tras lembrar que "non foi sinxelo polos" no seu momento.

Así o asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no marco do Foro Saúde de Nova Economía Fórum ao que asistiu nun hotel de Madrid, e que foi difundido en liña, onde, a preguntas dun deputado, afirmou que o están "vendo". "Non foi un camiño fácil o pór estes puntos en aeroportos de Galicia", afirmou o conselleiro, quen apuntou que era "decepcionante" tras a súa instalación ver os poucos pasaxeiros que desembarcaban dun avión que facían o test.

Por iso, preguntado sobre a recuperación destes puntos de test en aeroportos, o titular de Sanidade puntualizou que están "a valorar se polos ou non". "A explosión do autotest é unha realidade", resaltou.

"DEBERÍA ESTAR EN TODOS"

"Non o descartamos", abundou o conselleiro, quen defendeu que se trata dunha media, a realización de test en aeródromos, que "debería estar en todos" os aeroportos, "non só nos de Galicia".

Neste sentido, incidiu en que o "problema" desta pandemia pola Covid-19 é "a mobilidade" porque "a xente se move moito", polo que defendeu "calquera elemento que axude a que sexa segura a mobilidade".

Punto de diagnóstico covid-19 no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. AENA
Punto de diagnóstico covid-19 no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. AENA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta