Detido un presunto violador en Santiago

O home supostamente agrediu a unha muller nun local hostaleiro da cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago detiveron a un home como presunto autor dunha agresión sexual cometida nun local hostaleiro da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado 28 de novembro, cando o home coñeceu á vítima nun bar de Santiago. O sospeitoso conseguiu introducir á muller no baño de homes e alí, tras pechar a porta, cometeu a agresión sexual.

No momento en que tivo coñecemento dos feitos, a Comisaría activou o protocolo de atención a vítimas de agresións sexuais.

Efectivos da UFAM iniciaron a investigación para dar co suposto autor dos feitos e levaron a cabo unha inspección ocular no establecemento. Así mesmo, grazas ás declaracións de vítima e testemuñas, e á colaboración dos responsables do local, puideron identificar o sospeitoso.

O presunto violador foi detido e posto a disposición do xulgado de garda de Santiago de Compostela.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta