Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 13:47
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha lei de comercio local galega que permita "regular horarios e períodos de rebaixas", así como máis liñas de axudas para este tipo de comercio xunto cunha moratoria de grandes superficies.
Pontón acudiu este luns ata a tenda Boles Artesanía Útil para arrincar unha nova campaña de apoio ao comercio local e chamar a "consumir produto galego", que "xera riqueza e emprego e oportunidades no país", ademais de ser unha "aposta por unha menor pegada ecolóxica". "Sabemos a importancia de facer unha compra sustentable, o apoio ao produto do noso país e hai que consumir no comercio local porque é un elemento crave" para o desenvolvemento.
Ademais dunha "responsabilidade individual", Pontón destacou que apostar pola compra próxima é "unha garantía de produto de calidade e de dinamización das cidades e vilas" galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.