A Xunta reclama "sensibilidade" ao Goberno e bonifique a AP-53: "Non pode ser un caso illado"

Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, durante unha visita a Moaña para presentar unhas obras de mellora na PO-551.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia volveu a pedir este luns "sensibilidade" ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para que aplique bonificacións na AP-53, autoestrada estatal de peaxe, porque "non pode ser un caso illado", mentres outras autoestradas de pago ven rebaixadas ou mesmo eliminadas as súas taxas.

Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, durante unha visita a Moaña para presentar unhas obras de mellora na PO-551.

Segundo lembrou a conselleira, esa vía é "clave" para a vertebración territorial entre Santiago e Ourense, pero "a día de hoxe" non cumpre esa función de vertebración porque non ten ningunha bonificación, e os condutores optan pola estrada Nacional. "Estamos a ver como están as peaxes no resto de España, que se fan subvencións ou mesmo eliminación; hai bonificacións para a AP-9, e a AP-53 converteuse nun caso illado", apuntou a conselleira.

Ethel Vázquez lembrou que, segundo un estudo realizado pola Xunta e que xa foi remitido ao Ministerio, "unicamente necesítanse 3,2 millóns de euros para implantar esa bonificación" na AP-53, o que supón "moitísimo menos investimento" que na AP-9 ou noutras autoestradas estatais, polo que é "viable" para o Ministerio tomar esa medida. "Pedímoslle sensibilidade á ministra (...) porque a día de hoxe esa autoestrada é un caso illado, sen unha soa bonificación", recalcou.

A situación, abundou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, supón "un agravio" tendo en conta os beneficios que si se aplican a outros viarios de peaxe, e sobre todo pensando en que o custo medio da AP-53 para os usuarios está "moi encima" do custo da AP-9 ou das autoestradas autonómicas galegas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ás alcaldesas de Cangas e Moaña, na presentación das obras de mellora da PO-551 entre Coiro e Tirán.. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ás alcaldesas de Cangas e Moaña, na presentación das obras de mellora da PO-551 entre Coiro e Tirán.. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta