Rescatado un home nunha zona de rochas no paseo marítimo coruñés

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Bombeiros da Coruña rescataron un home nunha zona de rochas no paseo marítimo coruñés, preto da Domus, segundo informaron desde este servizo e tamén desde o 112.

Liña de costa da Coruña, á altura do Domus
Liña de costa da Coruña, á altura do Domus | Fonte: Google Maps.

Sobre as 17,05 horas, no servizo de emerxencias un particular avisaba de que un home pedía auxilio desde unhas rochas, nun lugar de difícil acceso.

Á zona, desprazáronse os bombeiros da Coruña, a Policía Local e tamén os servizos sanitarios. Sobre o operativo, os bombeiros explicaron que desprazaron un equipo de rescate en zona intermareal, dado o lugar onde debía realizarse.

Foron seis efectivos por parte dos Bombeiros para rescatar o home, duns 60 anos, precisaron. Tamén indicaron que foi estabilizado en padiola e logo trasladado polos servizos sanitarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta