Galicia supera xa as 2.700 vítimas pola covid-19 con sete mortes máis desde o venres pasado

Desde o inicio da pandemia rexistráronse oficialmente 2.706 decesos polo coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

As mortes doutras sete persoas que foran diagnosticadas coa covid-19 --cinco homes e dúas mulleres-- rexistradas nos últimos días elevan as vítimas da covid-19 en Galicia a 2.706.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, tres destes falecementos producíronse o pasado venres, día 10 de decembro. En concreto, nesa xornada faleceron tres homes de 64, 75 e 87 anos que recibían asistencia sanitaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Ademais, o sábado faleceu outro home de 75 anos que tamén permanecía ingresado no CHUVI; así como unha usuaria da Residencia Hermanos Prieto do Carballiño que tiña 85 anos e recibía asistencia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén o CHUO perdeu a vida o domingo un home de 72 anos.

Por último, este luns faleceu unha muller de 87 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

A Consellería de Sanidade detallou que todas estas persoas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta