Galicia suma 12 casos de ómicron tras rexistrar outros tres positivos en Vigo

Seis están na área olívica e os restantes na da Coruña. "A variante avanza", alerta Comesaña, que apuntou á existencia de "varios brotes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde dos Mallos. Estes tres novos positivos súmanse ao nove confirmados nas últimas horas, deles seis na área sanitaria da Coruña e Cee e outro tres tamén na de Vigo. Ademais, segundo informou a Consellería de Sanidade no transcurso da tarde, hai outros seis casos en estudo na área sanitaria de Santiago.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO

Deles, indicaron que non teñen relación coa persoa que viaxou a África, "nin, nun principio, entre eles". "Está a investigarse", apuntaron. Por outra banda, ratificaron que un dos casos secuenciados en Vigo "non ten que ver tampouco coa persoa que viaxou a África" polo que precisaron que isto supón que haxa "varios brotes".

Os dous primeiros casos desta cepa -- un deles, dunha persoa que viaxara a África-- foron anunciados o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"A variante avanza", recoñeceu o conselleiro, quen, por iso, considerou que hai que estar "máis atentos". "Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida", admitiu, apelando, para reducir contaxios, á responsabilidade individual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta