Comesaña recoñece "preocupación" pola suba de casos en Galicia e a variante ómicron

A Xunta recoñece a incidencia da ponte da Constitución nos contaxios despois de presumir dos datos de ocupación turística.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este mércores en Lugo que haberá que agardar aos "resultados" da ponte de decembro da semana pasada para saber cando chegará o pico da sexta vaga a Galicia por contaxios da Covid-19. A Xunta recoñece así a incidencia da ponte da Constitución en decembro logo de presumir dos datos de ocupación acadados nas mesmas datas.

Así, en declaracións aos medios, incidiu en que se "segue cos datos preocupantes de casos activos diarios, esperando a que se consoliden os datos destes días post ponte e confirmar se hai un incremento". "Esperamos que non", dixo, para matizar que se manten "esa tendencia á estabilidade que empezabamos a apuntar". "Pero como dixemos estes días queremos ver se o efecto da ponte pode romper esa tendencia á estabilización", abundou.

Comesaña, preguntado sobre o "pico", insistiu en que todo dependerá do "efecto das pontes". "Se se incrementan os casos non haberá pico e seguiremos crecendo e se non se produce ese incremento poderiamos esperar que o número de casos non siga crecendo ao ritmo de ata agora", sinalou.

En canto á variante da ómicron, o conselleiro lembrou que "non é exclusiva de Galicia". "As previsións e o que imos vendo é que é unha transmisibilidade máis alta do que estamos adoitados", sinalou. "Preocúpanos, en Galicia cando se empezou a falar desta variante puxemos un sistema de dobre PCR, froito dese sistema puidemos detectar eses primeiros casos e seguímolos detectando", matizou.

VACINA NENOS

Sobre a vacinación dos menores de 12 anos, o conselleiro destacou a que "se fixo todo o traballo para que iso sexa así". "Temos o referente da vacinación de 12 a 16 que é similar a este grupo e onde todo funcionou con normalidade, non houbo ningún tipo de problema", sostivo. "Esta vacina é segura para estes nenos, con millóns de vacinados no mundo que non tiveron ningún problema", concluíu para tranquilizar sobre os efectos da inmunización nos menores.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en Lugo.
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta