Deteñen un veciño de Santiago por subtracción de tubos valorados en 90.000 euros

Esta persoa foi localizada polos compoñentes da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Santiago de Compostela, os cales procederon ao seu traslado ás dependencias da Garda Civil de Milladoiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro, do municipio coruñés de Ames, en colaboración co Corpo Nacional de Policía, detivo a un veciño de Santiago como presunto autor dun delito de furto pola subtracción de tubos de aceiro valorados en 90.000 euros nunha explotación láctea en Ames.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon tras a interposición dunha denuncia por parte do director dunha empresa láctea da localidade de Agrón-Ames o día 22 de novembro deste ano.

O denunciante manifestou que un autor ou autores descoñecidos subtraeran das súas instalacións 30 tubos de aceiro inoxidable con cartucho interno de filtración, valorados nuns 90.000 euros.

A Garda Civil investigou os feitos para constatar a veracidade dos mesmos, recuperar os efectos subtraídos e identificar o autor ou autores do ilícito. Así, no transcurso das pescudas lograron a identificación do presunto autor, que resultou ser un veciño de Santiago de Compostela, polo que se procedióa a emisión dunha requisitoria de colaboración policial para a súa localización.

Como froito da mesma esta persoa foi localizada polos compoñentes da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Santiago de Compostela, os cales procederon ao seu traslado ás dependencias da Garda Civil de Milladoiro.

A Garda Civil detivo a este individuo como presunto autor dun delito de furto e foi posto, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda de Santiago de Compostela. A Benemérita resaltou que continúa coa investigación co fin de lograr a recuperación dos obxectos subtraídos.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta