Máis de 170 prazas na nova oferta de emprego público en Navantia para o seu estaleiro de Ferrol

Estas son as primeiras das máis de 280 vacantes que a empresa publica ofertará de acordo co Plan de emprego establecido no Plan estratéxico 2018-2022 subscrito pola empresa, SEPI e as federacións sindicais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia publicará este xoves, 16 de decembro, a través do seu portal de emprego, unha convocatoria de 173 prazas para novas incorporacións no estaleiro de Ferrol, destinadas a profesionais junior dos colectivos de técnicos superiores, operarios e persoal de oficina. En concreto, a oferta destínase a diferentes perfís, como enxeñeiros, informáticos, electricistas, tubeiros ou montadores.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 14 de xaneiro e, para coñecer todas as vacantes e os seus requisitos, os candidatos deben de rexistrarse no portal de emprego, na dirección portalempleo.navantia.es

Estas son as primeiras das máis de 280 vacantes que a empresa publica ofertará de acordo co Plan de emprego establecido no Plan estratéxico 2018-2022 subscrito pola empresa, SEPI e as federacións sindicais.

Conforme sinalou Navantia, "o procedemento de selección de persoal para as convocatorias foi acordado pola dirección da empresa e a representación legal dos traballadores". Trátase de "un único procedemento para toda a compañía conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen no acceso ao emprego no sector público".

O Plan estratéxico 2018-2022 ten entre os seus obxectivos "a optimización e o rexuvenecemento do persoal con perfís que potencien a enxeñaría, a xestión de programas e a dixitalización". Ademais, "un 70% dos novos postos de traballo corresponderán a perfís junior".

Buque loxístico que Navantia Ferrol para a Armada de Australia.
Buque loxístico que Navantia Ferrol para a Armada de Australia. | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta