Seguen aumentando os contaxios de covid-19 en centros escolares, 710 máis nunha semana

Hai un total de 2.591 contaxios rexistrados e 214 aulas pechadas, 42 máis que hai sete días.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Os centros escolares galegos rexistran un total de 2.591 contagios de coronavirus, 710 máis (+37,7%) que a semana anterior. Esta situación obriga a manter pechadas 214 aulas, 42 máis que hai sete días.

Vacinación covid-19 a nenos 11 anos. ÁLVARO BALLESTEROS
Vacinación covid-19 a nenos 11 anos. ÁLVARO BALLESTEROS | Fonte: Europa Press

Todas as áreas computan aumentos de casos. Segundo datos deste mércores da Consellería de Sanidade, Vigo é a área sanitaria con maior número de casos activos, con 862, o que supón 296 máis que a pasada semana. Aquí, increméntanse de 66 a 90 as aulas clausuradas.

A seguinte cunha cifra máis avultada é a de Ourense, 505 casos (20 máis) e 27 aulas pechadas (dúas máis). Séguea A Coruña, con 444 casos (123 máis) e 35 clases non operativas (8 máis).

Especial incremento prodúcese na área de Pontevedra, que pasa de 253 casos a 411, á vez que as aulas pechadas soben a 33 (9 máis).

A máis distancia atópanse as áreas de: Santiago-Barbanza, 157 casos (55 máis) e 8 aulas pechadas (dúas menos); Lugo, 138 casos (17 máis) e 18 aulas pechadas (unha máis); e Ferrol, 74 casos (31 máis) e 3 aulas pechadas (as mesmas).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta