Unha cadea humana reclama en Ferrol melloras no transporte público por estrada entre esta cidade e A Coruña

Os manifestantes piden que se repoñan e restablezan os servizos que existían coa anterior concesionaria.

Por E.P. | Ferrol | 15/12/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Un cento de persoas concentráronse na tarde deste mércores na praza de Galicia de Ferrol, onde realizaron unha cadea humana ao redor do monumento dos caídos en África para demandar melloras no transporte publico por estrada coa cidade da Coruña, que realiza desde xaneiro deste ano a UTE Hércules Norte.

Estacion de autobuses de Ferrol
Estacion de autobuses de Ferrol | Fonte: Google Maps.

A protesta foi convocada pola plataforma 'Por un transporte público de calidade para Ferrol e comarca', cuxa portavoz Teresa Vázquez, demandou que "se repoñan e restablezan os servizos" tal e como se prestaban o ano pasado por parte da anterior concesionaria.

Así, reclamou que estes servizos sexan "verdadeiramente directos", de forma que a súa duración sexa "razoable" --sobre 45 ou 50 minutos--, e que tamén se teña en conta os horarios que utilizan os traballadores públicos e os estudantes universitarios que se desprazan entre ambas as urbes.

Con respecto ao anuncio da Xunta de que se vai proceder a aumentar o número de frecuencias e de horarios, Vázquez estimou que este anuncio se realizou "co obxectivo de desmovilizar a xente e boicotear a concentración". "Estamos a día 15 de decembro e dinnos que estas medidas van entrar en vigor despois do Nadal", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta