En busca e captura un veciño de Fisterra tras ser detido e quebrantar unha orde de afastamento

A detención produciuse por ameazas a transeúntes e por agredir a un mozo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/12/2021 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Un veciño de Fisterra atópase en busca e captura tras ser detido por presuntas ameazas e agresión e quebrantar daquela unha orde de afastamento. 

A Garda Civil de Pontevedra desarticula unha rede de estafas bancarias por internet, con 32 investigados en Madrid, Toledo, Ourense e Portugal. GARDA CIVIL
A Garda Civil de Pontevedra desarticula unha rede de estafas bancarias por internet, con 32 investigados en Madrid, Toledo, Ourense e Portugal. GARDA CIVIL

Desde a Benemérita, confirmaron a Europa Press a detención do home, que se produciu por ameazas a transeúentes, na madrugada do sábado, e por agresión a un mozo.

Por estes feitos, foi arrestado por axentes da Garda Civil e, posteriormente, trasladado ao xulgado. Logo decretouse unha orde de afastamento sobre a persoa agredida.

Con todo, precisaron desde a Benemérita, quebrantouna, motivo polo que agora se atopa en busca e captura, precisaron en relación a este caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta