Denunciado un taxista que conducía baixo os efectos do alcol tras recoller a unha usuaria no aeroporto

Duplicou a taxa permitida legalmente para condutores profesionais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/12/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Un taxista foi denunciado por conducir baixo os efectos do alcol tras ser interceptado nun control cando acababa de recoller a unha usuaria no aeroporto de Santiago de Compostela.

Segundo informou a Garda Civil, o home, veciño de Santiago e de 61 anos de idade, foi sorprendido na tarde do venres nun dispositivo preventivo realizado a altura do quilómetro 1,100 da estrada SC-11.

En concreto, arroxou un resultado de 0,32 mg/l, de forma que duplicaba taxa permitida legalmente para condutores profesionais. Ditas circunstancias derivaron nunha infracción administrativa por parte do denunciado.

O condutor foi denunciado como presunto autor dunha infracción contra a Lei de Seguridade Viaria, por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e terá que abonar unha sanción de 500 euros, con dedución de 4 puntos do seu permiso de conducir.

A usuaria tivo que continuar a súa viaxe con outro taxi que acudiu ao ser solicitado polos axentes.

Proba de alcolemia.
Proba de alcolemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta