Detectados máis dunha vintena de positivos en covid-19 na dotación da fragata 'Blas de Lezo'

O buque regresou este sábado a Ferrol e os militares, todos asintomáticos, realizaron test de antíxenos.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 19/12/2021 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Un total de 21 integrantes da dotación da fragata 'Blas de Lezo' deron positivo en coronavirus tras regresar este sábado, 18 de decembro, á súa base no Arsenal Militar de Ferrol e realizar test de antíxenos.

Así o trasladou a Armada, que detallou que, tras coñecerse este feito, e de forma inmediata, as autoridades sanitarias da Armada en Ferrol, en coordinación co buque, procederon a realizar un test de antíxenos a toda a dotación, "como medida preventiva para detectar novos posibles casos de contaxio".

Ademais, comunicou que todos os efectivos cuxas probas resultaron positivas son asintomáticos e atópanse illados nos seus domicilios, cumprindo a corentena obrigatoria. O seu seguimento, e no seu caso a realización de novas probas diagnósticas, será coordinada co Sergas.

CASE DOUS MESES FÓRA DA SÚA BASE

O buque da serie F-100 partira o pasado 23 de outubro para participar no exercicio "FLOTEX-21", realizar a Cualificación operativa e o exercicio "LANMIS-BOMBEX", que finalizou o pasado xoves, día 16, tras o cal iniciou o seu regreso a Ferrol.

Durante este período de tempo que permaneceu no mar e na Base Naval de Rota, "cumprimentou os protocolos establecidos para a actividade da frota fronte á COVID-19. Así, realizáronse as probas de detección de infección activa naquelas situacións que presentaban síntomas leves, non rexistrándose ningún caso positivo". Tamén se incide que "a totalidade dos membros da dotación atópase coa pauta completa de vacinación".

Imaxe da fragada 'Blas de Lezo'. ARMADA
Imaxe da fragada 'Blas de Lezo'. ARMADA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta