A Xunta convida o sector hostaleiro a participar na alianza galega polo clima

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, convida o sector da hostalaría a participar na Alianza Galega polo Clima para avanzar na economía circular e sumarse á loita contra o cambio climático.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, cos cociñeiros  Javier Olleros (Culler de Pau), Xosé Cannas (Pepe Vieira) e Marta Fernández e Roberto Filgueira (O Balado),, galardoados con Estrela Verde Michelin
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, cos cociñeiros Javier Olleros (Culler de Pau), Xosé Cannas (Pepe Vieira) e Marta Fernández e Roberto Filgueira (O Balado),, galardoados con Estrela Verde Michelin | Fonte: XOÁN CRESPO - Xunta de Galicia.

A conselleira recibiu esta mañá aos cociñeiros Javier Olleros (Culler de Pau), Xosé Cannas (Pepe Vieira) e Marta Fernández e Roberto Filgueira (O Balado), recentemente galardoados, por segundo ano consecutivo, coa Estrela Verde Michelin.

Así, valorou que este tres referentes gastronómicos galegos xa deron pasos e mostras do seu compromiso, polo que os convidou a compartir o seu traballo e experiencia, pois "seguro que será moi nutritivo para conseguir os obxectivos e medidas da Alianza", cuxo documento de compromiso de adhesión estará finalizado no próximo ano.

Nese sentido, o cociñeiro de Pepe Vieira (Poio), Xosé Cannas, agradeceu a invitación da conselleira para "saber cal é a opinión do sector". Defende que Galicia está nun momento óptimo para ser un referente ambiental de ámbito estatal e, sobre todo, porque "o sector ten vocación para conseguilo".

O cociñeiro de Culler de Pau (O Grove), Javier Oleiros, explica que estes recoñecementos verdes serven "para pór o debate da sustentabilidade enriba da mesa" e fai aos cociñeiros "máis conscientes da necesidade de sumar para deixar un mundo mellor".

Pola súa banda, Roberto Filgueira, de O Balado (Boqueixón), afirma que "Galicia está moi ben situada e pode ser líder nos movementos e políticas verdes".

Así mesmo, Ángeles Vázquez destaca que estes tres distintivos son un novo recoñecemento do potencial do sector hostaleiro en Galicia e sinala que os propietarios destes tres establecementos convértense en portavoces e referentes do traballo e da implicación da alta cociña en Galicia.

Estes son restaurantes "punteiros en prácticas sustentables" grazas a cuestións como o uso de produtos de proximidade e tempada, así como a conversión dos residuos en compost para empregar nas súas propias hortas orgánicas e ecolóxicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta