Galicia abre a autocita para os nenos de 9 a 11 anos coas 9.000 vacinas que non se inocularon

A adherencia foi dun 87 por cento neste grupo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Galicia abre para o mércores e o xoves a autocita aos nenos de entre 11, 10 e 9 anos coas 9.000 vacinas que non se inocularon durante a primeira fase da campaña para este colectivo, que arrincou o mércores pasado e prolongouse ata o sábado. Para este grupo había dispoñibles 60.000 vacinas.

Un grupo de nenos acode a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela
Un grupo de nenos acode a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que as "9.000 vacinas" que "sobraron" neste primeiro período, vanse pór a disposición dos nenos que non puideron asistir na primeira fase e que queiran sumarse.

Fontes da Consellería de Sanidade indicaron que haberá unhas 5.000 citas dispoñibles diariamente nestas xornadas, que se desenvolverán nos mesmos puntos de vacinación previstos para adultos ata agora.

Ata o momento, a adherencia foi dun 87 por cento de menores de 9 a 11 anos. No caso concreto da área de Santiago de Compostela, de 8.100 nenos citados na Cidade da Cultura, acudiron o 87,4 por cento; mentres que dos 1.570 do Barbanza, fixérono o 83 por cento. No Hospital Clínico foron vacinados 80 nenos vulnerables, o 94 por cento dos citados.

Precisamente, a área sanitaria de Santiago de Compostela vén de anunciar a apertura de dous puntos para realizar PCR gratuítas e sen necesidade de petición facultativa para persoas asintomáticas, en horario de 15,30 a 21 horas, salvo o día de Nadal e o 1 de xaneiro.

Será na sala de extraccións, no piso -3 do edificio de hospitalización, con acceso director desde o aparcadoiro da área de laboratorio (no caso do CHUS) e na consulta 10 do piso 0 do Hospital do Barbanza. En Noiteboa terminará ás 19,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta