O autor Xosé Monteagudo recolle o XV Premio Narrativa Breve Repsol pola súa obra 'Eternity'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O autor Xosé Monteagudo recolleu este luns o Premio Narrativa Breve Repsol na XV edición do certame en recoñecemento á súa obra 'Eternity'. O escritor foi galardoado cun montante de 12.000 euros.

O escritor Xosé Monteagudo
O escritor Xosé Monteagudo | Fonte: lecturafilia.com

Nesta ocasión, Monteagudo impúxose no certame e a súa obra foi seleccionada entre unhas 38 propostas orixinais e inéditas en lingua galega da presente edición. O xurado valorou a capacidade do escritor para articular unha trama na que "se funden a precariedade laboral, o mundo dixital e a construción da memoria".

O acto de entrega celebrouse na sede da Fundación Paideia Galiza e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e a subdirectora de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez, entre outros.

O certame, convocado pola Fundación Repsol e a Xunta e da Real Academia Galega, e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), entre outros, naceu co obxectivo de reforzar e dar visibilidade á creación literaria neste idioma e como vía de promoción dos autores galegos para chegar aos lectores.

Valentín García asegurou que 'Eternity' "non defraudará a quen se achegue a esta ou a algunha das novelas" que gañaron o certame ao longo do seu quince anos de historia. "Un galardón que contribuíu á consolidación de autores e obras en galego de gran calidade", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta