Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 11:31
A facturación do sector servizos en Galicia incrementouse un 7,6% en outubro en comparación co mesmo mes de 2020, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes.
Este incremento é o segundo menor por comunidades, só por encima de Murcia (+5,9%). Está lonxe da media de aumento estatal (+16,3%). Destaca a alza de Baleares (+44,4%). Na media do que vai de ano, entre xaneiro e outubro, aumenta un 15,4%, neste caso por encima do 14,6% da media española. O de Galicia trátase do cuarto mellor dato do país.
No tocante ao emprego, sobe un 2,1% no caso galego, tamén penúltimo dato entre autonomías. A media está nun aumento do 3,4%. De novo, encabeza Baleares o repunte (+16,2%). No que vai de ano, hai un aumento do emprego do 1% en Galicia, mentres a media española é só do 0,5%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.