Seca a comezos do inverno: os encoros galegos están a menos do 50% da súa capacidade

Os encoros galegos atópanse nun 47 por cento da súa capacidade tras a perda de 58 hectómetros cúbicos de auga na última semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Os encoros galegos se encontran ao 47 por cento da súa capacidade tras perder na última semana un total de 58 hectómetros cúbicos de auga, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

De acordo con estas mesmas cifras, os encoros da conca hidrográfica Miño-Sil contabilizan 1.358 hectómetros cúbicos de auga, 40 menos que fai sete días. Deste xeito, están ao 44,8% da súa capacidade.

Mentres tanto, os da conca Galicia Costa están ao 52,2%, tras perder esta semana 18 hectómetros cúbicos con respecto á pasada, ata situarse nos 391. A nivel estatal, a reserva hídrica española está ao 42,3 por cento da súa capacidade total. Os encoros almacenan actualmente 23.725 hectómetros cúbicos, tras aumentar en 243 no últimos sete días.

Imaxe dun encoro galego
Imaxe dun encoro galego | Fonte: Ríos Galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta