A Limia, unha rexión "sobreexplotada" con 72 veces máis cabezas de gando que persoas

Ecoloxistas en Acción subliña o dano sobre o medio ambiente destas macrogranxas, en particular no tocante á eutrofización de masas auga, que rematan sendo "zonas mortas" polos vertidos das explotacións.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A plataforma Ecoloxistas en Acción segue adiante coa súa campaña de denuncia das macroexplotacións gandeiras, ás que atinxen danos sobre o medio ambiente e a saúde das persoas. En particular, a asociación verde den de poñer o foco sobre a comarca ourensá da Limia, onde, de acordo con datos públicos, hai 72 veces máis cabezas agrícolas que persoas.

Camión de Coren descargando purin de granxas de polos nunha leira do Val da Limia
Camión de Coren descargando purin de granxas de polos nunha leira do Val da Limia | Fonte: MEL

En conxunto, dende Ecoloxistas cifran en 81.853 cabezas o gando disposto nesa comarca, que multiplicaría por 72 os números totais de poboación. Segundo destacan dende a mesma plataforma, a concentración de gando na Limia garda relación coa política de man aberta da Xunta de Galicia, que en 1998 concedeu a primeira autorización para unha destas explotacións e dende entón "non parou".

O problema está nos vertidos que estas explotacións fan a conta da súa enorme proporción de animais. Dende a asociación explican que, a nivel estatal, o sector agropecuario, e principalmente a agroindustria gandeira, son responsables "de máis do 50% dos vertidos totais de nitróxeno nas augas". A este sumaríanselle ao que se suman outras substancias contaminantes (fósforo, antibióticos, hormonas, etc), que, de acordo coas mesmas fontes "provocan o que se coñece como eutrofización, un crecemento excesivo de plantas e outros organismos, que producen grandes cantidades de materia orgánica".

"Este proceso é responsábel da existencia das coñecidas como 'zonas mortas' nos océanos, da degradación de ríos, lagos e zonas marítimas costeiras", explican a respecto dun problema que no caso galego se tería manifestado con profusión en encoros localizados, precisamente, na comarca da Limia.  A asociación engade que “este tipo de explotacións supoñen unha ameaza para o medio rural e tamén para a saúde das persoas. Especialmente grave é a actitude da Xunta de Galicia, que non só non se implica na procura de solucións, senón que segue promovendo a instalación e ampliación destas granxas nunha comarca sobreexplotada e especialmente vulnerábel, como é a Limia”.

NEGATIVA DO CONGRESO

O pasado 15 de decembro, o congreso debateu unha iniciativa para prohibir a instalación de novas granxas destas características en zonas vulnerables ou sobreexplotadas. Porén, explica a asociación, esta non saíu adiante ao recibir os votos en contra de PSOE, PP, Vox e Ciudadanos. "Na iniciativa, ademais desta prohibición, demandábase a obriga por parte das administracións competentes de declarar como zonas vulnerables as que atopen masas de auga contaminadas por nitratos e de evitar novos procesos contaminantes por este motivo", explican. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta