Pontevedra busca "o selfie máis famoso do Nadal"

Os pontevedreses que se acheguen ata a Praza de España entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro poderán probar unha cámara 360º, gravar un divertido vídeo e compartilo nas súas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Concellería de Promoción Económica e Turismo e a plataforma #PonteLovers suman unha iniciativa máis a vaga de talleres, actividades e ilusión que espallou por toda Pontevedra, incluíndo os seus barrios e parroquias.

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña de promoción turística 'Este Nadal saborea Rías Baixas'.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra lanza a campaña de promoción turística 'Este Nadal saborea Rías Baixas'.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O departamento que dirixe a socialista Yoya Blanco, en colaboración coa axencia Icon, convida a todos os pontevedreses a participar nunha campaña que, baixo o hashtag #VideoSelfiePontevedra, busca atopar 'O selfie máis famoso do Nadal'.

Tal e como sinala a edil do PSOE, "os cidadáns que se acheguen ata a Praza de España entre este xoves 23 de decembro e o martes 4 de xaneiro poderán probar unha espectacular cámara 360º, gravar un divertido vídeo, recibilo ao instante nos seus móbiles e, por suposto, compartilo nas súas redes sociais", subliña Yoya Blanco.

Este 'photocall' de 'O selfie máis famoso do Nadal' permanecerá aberto en horario de 12:30 a 20:00 horas, salvo os días 24 e 31 de decembro (nos que abrirá só de 12:00 horas a 16:00 horas). As fins de semana do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro non funcionará. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta