A biotech compostelá BFlow dará entrada a Grupo Zendal e Semola Tech Ventures

Desenvolve dispositivos que imitan o comportamento dun órgano humano no laboratorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A biotech compostelá BFlow, empresa dedicada ao desenvolvemento de organ-on-a-chip (chip que imita as estruturas biolóxicas dunha persoa) para optimizar e acelerar os procesos de desenvolvemento de fármacos, acaba de concluír a súa rolda de capital semente coa incorporación de dous socios estratéxicos en biotecnoloxía: Zendal Health e Sémola Tech Ventures.

A compañía, constituída en 2020, desenvolve dispositivos que imitan o comportamento dun órgano humano no laboratorio, o que permite reducir o tempo e custo no desenvolvemento de fármacos e os estudos en animais.

A súa tecnoloxía microfluídica permite tamén a detección de pequenas concentracións de sustancias en tempo real, de gran valor para a industria 4.0 e medioambiente, informa a compañía nun comunicado.

BFlow comezou a súa actividade comercial a nivel estatal e a súa estratexia internacional polo valor que ten esta tecnoloxía para as grandes empresas farmacéuticas. Esta rolda de investimento destinarase ao desenvolvemento e lanzamento de modelos específicos no mercado farmacéutico.

BFlow, socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial dass Ciencias da Vida (Bioga), é unha empresa 'spin-off' da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), apoiada pola Xunta de Galicia, GAIN, USC, Igape e polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

BFlow foi creada en 2020 e baséase na investigación complementaria dos investigadores da USC Photonics4Life (Maite Flores e María Aymerich), física non lineal (Alberto P. Muñuzuri) e do grupo de cardiología do IDIS (Ezequiel Álvarez).

Equipo de BFlow. BFLOW
Equipo de BFlow. BFLOW | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta