Sobreviven tras caer 30 metros nunha zona rochosa da costa en Marín

Os dous ocupantes do vehículo foron salvados por unha embarcación da Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Unha embarcación da Garda Civil rescatou este martes aos dous ocupantes dun coche precipitado unha zona rochosa no termo municipal de Marín.

Segundo informou o 112 Galicia, ás 12,00 horas deste martes unha testemuña dos feitos chamou ao servizo de emerxencias para avisar dos feitos. Así, a persoa alertante indicou que un coche saira da vía e caira por unha zona rochosa próxima á praia de Mogor.

Ademais, a persoa que alertou descoñecía se había persoas no interior do turismo que puidesen estar feridas. Os xestores do CIAE-112 Galicia alertaron a persoal sanitario, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, así como a Protección Civil do concello.

Unha vez no lugar, a patrulla da Policía Local comunicoulle ao 112 que o coche caera por un terraplén dun trinta metros, para quedar entre as rochas, e que fora do mesmo había dúas persoas que necesitaban axuda para subir ata a estrada.

Finalmente, o rescate levou a cabo coa intervención dos Bombeiros do Morrazo e, ademais, foi necesaria unha embarcación da Garda Civil que os trasladou ao porto, para poder ser atendidos polos servizos sanitarios, onde o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado.

Praia de Mogor, en Marín
Praia de Mogor, en Marín | Fonte: masmar.net

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta