Piden boicotear ás industrias lácteas que pagan por debaixo do custo de produción

UU.AA. pide "castigar a aquelas que manteñen un comportamento distinto dependendo si están en Francia ou en Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Membros do sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) protagonizaron este martes unha actuación ante o supermercado Eroski do centro comercial das Termas de Lugo a través da que apelaron aos consumidores a non comprar leite daquelas marcas que pagan aos gandeiros o litro por baixo dos custos de produción.

O secretario xeral da organización agraria, Roberto García, explicou que con esta iniciativa buscan "seguir denunciando ante a opinión pública" que, a pesar das protestas e a entrada en vigor da lei de cadea alimentaria, "a inmensa maioría das industrias seguen cos prezos parecidos a fai nove meses, a abril deste ano, á marxe do incremento dos custos de produción". "Están a incumprir a lei sometendo ás granxas a vender a perdas", avisa.

Ante iso, piden ao consumidor que opten por "un consumo responsable" e "elixan a aquelas industrias que pactan cos gandeiros" e "castigar a aqueles que manteñen un comportamento distinto dependendo si están en Francia ou en Galicia".

Ademais, sinalou que, coa entrada en vigor de lei de cadea alimentaria están a formalizar de forma oficial a denuncia a todas aquelas industrias que teñan un prezo base polo leite inferior a 34 céntimos. Ademais, indica que "sumado ás primas pode situar o prezo final ao redor dos 40 céntimos por litro".

"O prezo base inferior a 34 céntimos significaría que se está pagando por baixo de custos de produción e significaría que o organismo encargado de velar polo cumprimento da lei podería iniciar accións de oficio", avisou para advertir de que, se isto non fose suficiente, convocarán unha gran mobilización contra a industria ao entender que "o verdadeiro culpable do que pasa é precisamente a industria".

"A distribución subiu o prezo ao consumidor e está a pagar entre 5 e 6 céntimos máis á industria polo litro de leite, e ese diñeiro é para que o traslade ao gandeiro. Temos claro quen é o inimigo, e temos claro onde está o problema e contra ese problema imos loitar con toda a contundencia", ameazou finalmente.

Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite
Dous gandeiros coas súas vacas, durante unha tractorada convocada por Agromuralla en Lugo para esixir mellor prezo do leite | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta