Detida unha muller de Cortegada que admitiu ter queimado o cadáver dun home

Asegura que o atopou xa morto e que decidiu desfacerse do corpo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga un caso en Ourense para determinar se se trata dun crime despois de que unha veciña de Cortegada, de 26 anos, afirmase este luns, nunha consulta de Psiquiatría no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que queimara o cadáver dun home ao que coñecera a través de internet.

A muller foi detida e o caso está baixo segredo de sumario, pero as fontes consultadas por Europa Press confirmaron que a muller trasladou ao profesional que a atendeu na súa consulta médica que atopou ao home morto na súa casa e que, debido aos nervios, decidiu, co fin de ocultalo, queimar o seu cadáver e enterrar parte dos restos, mentres que outra parte lanzounos ao río. O home, co que contactou a través de internet, desprazouse desde Cataluña o pasado verán.

Garda Civil en imaxe de arquivo. GARDA CIVIL
Garda Civil en imaxe de arquivo. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta