Inés Rey pide aos coruñeses "sentidiño" no Nadal ante o avance da pandemia

Por E.P. | A Coruña | 21/12/2021 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu aos coruñeses "sentidiño" e que actúen con "prudencia" no actual contexto de pandemia. Fíxoo na recepción institucional de Nadal. Nela, mostrouse convecida tamén de que 2022 será "o ano de despegamento".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a recepción institucional de Nadal
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a recepción institucional de Nadal | Fonte: Concello da Coruña.

"Como está a despegar Alvedro, sumando rutas que enlazan a nosa cidade con destinos nacionais e internacionais", citou nun discurso no que aludiu tamén á "transformación dixital e a sustentabilidade" como "claves" para a reactivación económica.

Nel, fixo referencia á creación da Cidade do TIC, así como a "apertura ao mar" da cidade, destacando, entre outras cuestións, os pasos dados sobre os peiraos interiores

Tamén remarcou a construción da ligazón ferroviaria ao porto exterior, "un soño que hoxe vai ser camiño de ser realidade", así como a chegada do AVE ou o saneamento da ría do Burgo.

"Conseguímolo, entre todos e todas, grazas ao diálogo institucional", manifestou nunha intervención ante as autoridades e representantes sociais, económicos e militares presentes no acto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta