Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 17:22
As residencias que se constrúan no futuro en Galicia deberán estar deseñadas para un máximo de 150 usuarios e dividirse en módulos ou "unidades de convivencia" de ata 25 persoas, que serán seleccionadas "polas súas preferencias antes que os seus graos de dependencia".
Esta é unha das novidades do novo modelo de xeriátricos que deseñou a Xunta e que presentou este martes no Parlamento a conselleira de Política Social, Fabiola García, quen destacou o "xiro radical" que se lle dará a este sistema tras un ano de traballo por parte dun comité asesor.
De acordo con esta nova folla de ruta, estes centros tamén contarán con "melloras en coordinación" co Servizo Galego de Saúde (Sergas), con avances como "vías rápidas para acceder ás urxencias e aos hospitais de día", entre outros.
De igual modo, o novo modelo galego establecerá "habitacións intelixentes" e un "consello asesor" obrigatorio en centros de máis de 100 prazas e que estará constituído por residentes, familias e pola propia empresa xestora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.