Pontón, logo de dar negativo en COVID: "O mellor está por chegar"

A líder nacionalista decidiu illarse preventivamente nas últimas horas, o protocolo que lle comunicaron non a obrigaba a gardar corentena ao estar vacinada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, felicitou, xunto ao resto de deputados da Cámara galega, o Nadal aos galegos, nun vídeo no que desexan o mellor nestas datas e para o ano 2022, segura que de que "o mellor está por chegar". "Coidémonos porque o importante é celebrar moito nadal xuntos. Estou convencida de que o mellor está por chegar", proclamou.

Precisamente, a líder nacionalista decidiu illarse preventivamente nas últimas horas --o protocolo que lle comunicaron non a obrigaba a gardar corentena ao estar vacinada--. Ademais someteuse a unha proba PCR, que deu resultado negativo en covid-19, polo que este mércores acudirá de novo á Cámara para manter o último cara a cara co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deste ano.

Este martes perdeu a votación dos orzamentos autonómicos ao non asistir ao hemiciclo galego. No vídeo, que gravaron os deputados e o seu portavoz nacional ao longo dos días, os parlamentarios abordan o que significa para eles este período: reencontros, familia, amizades, soños, abrazos, celebracións, recordos, infancia.

Durante o vídeo, en ton informal, no que a deputada Rosana Pérez chancea con que este período é unha paréntese, "de non parar para comer", os parlamentarios desexan os seus mellores desexos para todos os galegos, convidando a pasar as datas coas persoas queridas, "sempre desde a máxima prudencia, porque a pandemia segue presente"

Pontón manifesta no vídeo que "o importante é poder pasar moito nadal xuntos", convencida de que, ademais, "o mellor está por chegar". Un bo nadal e o desexo de "ser inmensamente felices" é o desexo que se repite no vídeo e que trasladan os deputados.

Vídeo de nadal do BNG coa portavoz nacional, Ana Pontón. PANTALLAZO TWITTER
Vídeo de nadal do BNG coa portavoz nacional, Ana Pontón. PANTALLAZO TWITTER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta