O Parlamento elixe tres conselleiros para cubrir vacantes no Consello de Contas

En concreto, un deles é o actual conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, proposto polo Grupo Popular, que tamén fixo o propio con Tomás Pérez Vidal. Pola súa banda, tamén foi elixido Ángel Ramón Calvo Silvosa, proposto polo Bloque Nacionalista Galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O pleno do Parlamento galego elixiu a tres membros electivos do Consello de Contas para cubrir as vacantes existentes neste organismo de control.

En concreto, un deles é o actual conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, proposto polo Grupo Popular, que tamén fixo o propio con Tomás Pérez Vidal.

Pola súa banda, tamén foi elixido Ángel Ramón Calvo Silvosa, proposto polo Bloque Nacionalista Galego. Este tres persoas compareceron o pasado 2 de decembro na Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior para examinar a súa idoneidade.

O conselleiro maior de Contas, José Antonio Redondo, fai entrega de novos informes ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices. PARLAMENTO
O conselleiro maior de Contas, José Antonio Redondo, fai entrega de novos informes ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta