Feijóo afea a Sánchez convocar a Conferencia de Presidentes "a 24 horas de Noiteboa"

Reivindica a "planificación" do Executivo galego fronte ás críticas de Gonzalo Caballero sobre a "falta de estratexia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou "a previsibilidade, planificación e estratexia" de Galicia nas diversas áreas de acción política, que contrapuxo coa actuación do Goberno central, que dirixe Pedro Sánchez, ao que afeou convocar á Conferencia de Presidentes "24 horas antes de Noiteboa" para abordar as medidas fronte á pandemia en Nadal.

Así respondeu ás críticas do portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen achacara previamente "falta de estratexia" ao Executivo de Feijóo, cuxos plans tachou de "propaganda" e de "papeis mollados", á vez que lle instou a planificar e enfocar os recursos para reforzar o modelo de benestar --co foco en sanidade e educación-- post covid.

En fronte, Feijóo criticoulle por non recoñecer a planificación en cuestións como a vacinación fronte á covid, repasou numerosos plans e estratexias elaborados polo seu Executivo desde que tomou as rendas da Xunta en 2009 e anunciou que, tras finalizar o último plan estratéxico de Galicia en 2020, este mesmo mes presentarase o novo plan estratéxico autonómico con horizonte 2022-2030. Coa participación de máis de 300 expertos, será remitido á Cámara, dixo o presidente, no próximo período de sesións.

Así mesmo, no seu posterior debate coa portavoz do BNG, Ana Pontón, quen lle botou en cara que miles de mozos "colleron a maleta" para irse de Galicia baixo o seu mandato, Feijóo tamén avanzou novos pasos de planificación na Comunidade en materia de mocidade e educación.

Feijóo, na sesión de control.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo, na sesión de control.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta