A covid mantense estable en residencias pero medra nos centros de discapacidade

Os centros suman, respectivamente, 29 e 41 casos activos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2021 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 entre usuarios de residencias de maiores mantéñense en 29, tras rexistrarse algunhas altas e detectarse novos contaxios, segundo o boletín semanal feito público pola Consellería de Política Social. Así, a Consellería informou de 7 usuarios contaxiados no Hogar Residencial Parque Zapateira da Coruña, 3 usuarios con Covid no CRAPD Vigo I, os mesmos que no Hogar Residencial Carballeda I e na residencia San José de Arzúa.

O resto de casos repártense na Residencia Padre Rubinos da Coruña (2 usuarios afectados), no Hogar Residencial Carballeda II (2 casos), na Residencia Pontevedra de Vilaboa (2 casos), na residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo (outros 2 casos). Tamén hai contaxiados, un caso en cada un, nos centros: Residencia de Viana do Bolo, Residencia A Carballa de Coles, DomusVi Barbadás, Residencia do Birlo, e a Residencia de Esgos.

Con respecto aos centros de atención a persoas con discapacidade, o número de usuarios afectados pasou dos 35 notificados hai unha semana aos 41 casos dos que se informou este mércores. No CRP ASPNAIS hai 37 usuarios contaxiados (nove máis que hai unha semana); na Residencia Coral Seoane de Ferrol hai 3 casos (tres menos que hai unha semana); e un usuario contaxiado na residencia ASDEME de Chantada (igual que fai sete días).

Residencia de maiores. XUNTA - Arquivo
Residencia de maiores. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta