Emilio Rúa ponlle música ao Nadal en Verín

Ofrecerá un concerto de panxoliñas o vindeiro 25 de decembro dentro da programación cultural do concello. Antes, o día 23, haberá unha presentación literaria na Casa da Cultura.

Por X.M. Fernández | Verín | 22/12/2021 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O vindeiro do sábado 25 de decembro, ás 19:00 horas, o Auditorio de Verín acolle o concerto “Nadaliñas” de Emilio Rúa. Unha actuación que se enmarca no programa ‘Nadal en rede’ que patrocina a Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e que levará ao músico ourensán por outros concellos de Galicia como: A Bola (23 de decembro), Pontecesures e Pereiro de Aguiar (26 de decembro), e Valladares (día 27).

Emilio Rúa. Foto cedida polo autor
Emilio Rúa. Foto cedida polo autor

Trátase dun espectáculo musical de Panxoliñas revisadas e versionadas por Emilio Rúa dun xeito moi actual e moderno respectando a composición tradicional. Un concerto íntimo e entrañable, especial para desfrutar e cantar nestas datas.

As entradas xa están dispoñibles en ataquilla.com por 5 euros.

PRESENTACIÓN LITERARIA

Este 23 de decembro, ás 19:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Pinturas Rupestres. Catálogo de Patrimonio” do etnógrafo Bruno Rúa Martínez.

Este pequeno libro é o número cero da Colección Taboada Chivite de Patrimonio. Inclúe o listado de todo aquel elemento considerado como parte do patrimonio e que, ademais, teña algún valor singular. 

Como non hai aínda campo suficiente para realizar un libro exclusivo, o autor inclúe dous pequenos artigos sobre as dúas estacións de pinturas rupestres da comarca, o que nos converte no lugar de Galicia de maior concentración desta arte arcaica. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta