Falecen catro persoas máis en Galicia con covid-19, entre elas unha muller sen patoloxías previas

A cifra de vítimas pola pandemia en Galicia elévase a 2.739.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este mércores da morte de catro persoas que foran diagnosticadas coa covid-19, entre elas unha muller de 66 anos que non tiña patoloxías previas.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Segundo os datos das autoridades sanitarias, esta muller permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Ademais, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) morreu un home de 69 anos; no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) perdeu a vida outro home de 91 anos; e no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), un home de 90. Os tres presentaban patoloxías previas.

Con estes catro falecementos rexistrados este mércores a cifra de vítimas pola pandemia en Galicia elévase a 2.739.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 OMICRON

!!As miñas felicitación a galicia confidencial!!! e grazas porque é o único que pon cifras o máis oscuro, as mortes por covid19. Mentres os demáis teñen o dilema de cobre boca sí, cobre boca no. A consellería xa debe ter fixado o nº de pcr´s por día, porque non pode ter nin 1000 contaxiados por día ante a imposibilidade de xestión de casos e contactos dos rastrexadores o csc, e bo!!! a ver que din en Xaneiro 2022