Tres candidaturas competirán para facerse coa Secretaría provincial do PSOE de Pontevedra

O actual secretario xeral, David Regades, competirá con Paloma Castro e Franscisco Barreiro.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/12/2021 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O militante vigués Francisco Barreiro presentou a súa candidatura para aspirar á Secretaría provincial do PSOE de Pontevedra, cuxas primarias terán lugar o próximo 23 de xaneiro. Foi o último en facelo. Deste xeito, a súa candidatura Ademais de Barreiro, súmase á da deputada autonómica Paloma Castro, que foi a responsable de Xustiza na executiva do PSdeG que lideraba Gonzalo Caballero e a do actual secretario xeral provincial David Regades, cargo afín ao alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Franscisco Barreiro concorrerá ás primarias para a Secretaría provincial do PSOE de Pontevedra. CANDIDATURA DE PACHO BARREIRO
Franscisco Barreiro concorrerá ás primarias para a Secretaría provincial do PSOE de Pontevedra. CANDIDATURA DE PACHO BARREIRO | Fonte: Europa Press

Barreiro milita no PSdeG-PSOE desde 1977 e non ostentou ningún cargo institucional, segundo destacan fontes da súa candidatura, que recalcan a súa "dispoñibilidade a tempo completo" para dedicarse ao partido. Esta candidatura, sinalan as mesmas fontes, "nace da pretensión de revitalizar e encher de contido político a estrutura orgánica do partido en colaboración coas institucións".

PROCESO

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra aprobou este mes o calendario de cara ao IV Congreso, que terá lugar os días 11 e 12 de febreiro e que inclúe o inicio do proceso de primarias á Secretaría Xeral.

Tras finalizar este mércores o prazo de presentación de candidaturas, haberá unha segunda de recollida de avais entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro. Posteriormente, a campaña desenvolverase do 8 ao 22 de xaneiro e a votación celebrarase o domingo 23. Finalmente, o Congreso elixirá aos integrantes da nova Dirección Provincial para o próximos catro anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

levamos tres meses de Congresos, Primarias e Saraos Varios... A partitocracia está sustituindo con éxito á Democracia... Esta cobertura xornalística os partidos deberan contabilizala vía PUBLICIDADE PAGADA se queren ocupar os titulares da prensa... Realmente aínda que todos picamos, non nos importa un carallo quen ocupa ou deixa de ocupar unha miserenta Secretaría Provincial - Local... // Multas de 2000 € por fumar nas praias... eso sí que ten interese!