Activada a alerta laranxa por temporal no litoral da Coruña e Pontevedra

A costa lucense queda en nivel de alerta amarelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

O litoral das provincias da Coruña e Pontevedra estará en alerta laranxa por temporal costeiro a partir das primeiras horas da tarde deste xoves.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior trasladou esta información despois de ter constancia, a través da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), da entrada dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro, no que se espera mar combinado de 5 a 6 metros do oeste e noroeste. Na costa de Lugo, pola súa banda, establecerase un nivel de alerta amarelo e espérase mar combinado de 4 a 5 metros do oeste e Noroeste.

O 112 Galicia informou da situación aos concellos das zonas afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada do temporal Bela, en Lugo, Galicia (España), a 27 de decembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada do temporal Bela, en Lugo, Galicia (España), a 27 de decembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta