Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 24/12/2021 | Actualizada ás 14:00
Chega o Nadal. Un Nadal que, como o do ano pasado, será diferente porque, a pesar das vacinacións, segue aínda marcado polas restricións da pandemia. No Mercado de Abastos da cidade de Santiago de Compostela, a xente fai as últimas compras para o seu menú de Nadal.
A suba dos prezos dos produtos e os problemas de enerxía e abastecemento repercutiron no prezo dalgúns alimentos. Outros seguen por debaixo dos prezos previstos.
Nos últimos días, debido ao aumento explosivo dos casos de covid, moitas persoas están pensando en cancelar ou limitar as reunións familiares. Outros seguirán adiante con elas, sempre tomando precaucións contra as enfermidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.